jueves, 28 de enero de 2010

Jorge Barbi

Jorge Barbi naceu na Guarda, Pontevedra, en 1950. Alí continúa vivindo e traballando. Caminante e viaxeiro, toda a súa obra pode considerarse unha proxección plástica e poética desde o seu lugar de orixe ao encontro coa natureza, o cosmos e o ser humano. Creador independente, Barbi foi presentando o seu traballo en mostras individuais e colectivas desde 1983.

En 1992, realizou unha intervención escultórica en Roda de Isábena, dentro do programa "Arte Público" da Diputación de Huesca. Un ano despois levou a cabo outra proposta na natureza, co título Pasto de vacas, nos Picos de Europa. No catálogo da súa obra hai outros proxectos similares, aínda non realizados, que se remontan aos anos 80.Barbi participou na mostra Nordesía, que presentou en 1995 a once artistas de Galicia no Centro Conde Duque, de Madrid e na Casa da Parra, de Santiago de Compostela. En 1997 concibiu unha espectacular instalación: Casa de xogos, para o entón chamado "Dobre Espazo" do Centro Galego de Arte Contemporáneo.

O título da exposición do MARCO, 41º 52' 59" latitude N/8º 51' 12" lonxitude O, refírese ás
coordenadas xeográficas que abranguen a zona pola que o artista realiza os seus percorridos diarios.
Dende principios dos anos oitenta, Jorge Barbi adopta a viaxe, o paseo, como método de traballo para a observación dunha xeografía que coñece ben e da que sabe extraer un amplo repertorio de restos e accidentes, unha cartografía exhaustiva da paisaxe e dos elementos cambiantes que o conforman. A natureza proporciónalle toda unha serie de obxectos e lugares dos que se apropia, tanto pola súa carga enerxética coma pola posibilidade de incorporar novos valores simbólicos. O exercicio do paseo e a observación cotiá de animais, pedras, algas, plantas, excrementos, anacos de madeira e tamén outros obxectos de natureza inorgánica, converten a Barbi nunha especie de científico que rexistra minuciosamente as súas transformacións e desprazamentos, que máis tarde, e a partir dun proceso lento e minucioso, converte en fragmentos poéticos e enigmáticos.

A exposición do MARCO, destinada a todos os espazos da planta baixa, reúne varias series de
fotografías dos últimos anos, xunto a unha selección de obras anteriores, e varias pezas realizadasespecificamente para esta mostra ou de nova produción.

A exposición do MARCO ten precisamente como argumento principal a idea do percorrido, así como da observación da natureza e as súas mutacións. O punto de partida constitúeno varias series de fotografías realizadas nos últimos anos, xunto cunha coidada selección de pezas anteriores, de modo que a partir deste conxunto pódanse establecer novas lecturas do seu traballo.
OPINIÓN:
A exposición pareceunos orixinal ao coordinar distintas disciplinas da arte, utilizando diversos materiais mais todo relacionado coa natureza e o paso do tempo. As obras que máis nos chamaron a atención foron '' Little Bang'', ''Diliculum'' e ''Pasto de vacas''

No hay comentarios:

Publicar un comentario